CRTVG

Buscar

A Xunta actuará contra os donos que non rocen as parcelas

Publicado o 06/11/2019 08:28

Unha noticia que ten que ver coa prevencion de incendios forestais a través da roza e a limpeza de leiras. Ata o de agora, a Consellería de Medio Rural actúa de oficio, cando os propietarios non realizan os traballos pertinentes, en 70 parroquias de 35 municipios.

Pois ben, a Xunta quere ampliar a súa intevención ata en 241 concellos, practicamente en toda Galicia. Como saberán, é obrigatorio manter limpa unha franxa de 50 metros arredor dos núcleos de poboación. Coa nova iniciativa, cando os propietarios destas parcelas non as rocen, os concellos adheridos ao plan poderán solicitar a intervención directa da Consellería de Medio Rural.

Agárdase que esta proposta estea xa operativa para a próxima campaña da loita contra o lume. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019