CRTVG

Buscar

Bos días

Limpar de corrupción as forzas de seguridade arxentinas é unha necesidade para o Goberno de Mauricio Macri

Publicado o 17/11/2016 09:33

Limpar de corrupción as forzas de seguridade arxentinas foi unha necesidade para o Goberno de Mauricio Macri nada máis asumir a presidencia do país, hai case un ano.

Despois dos soados casos de axuda policial a delincuentes que permitiron a fuga de presos ou o avance do narcotráfico en zonas fronteirizas, o Executivo quere atallar de raíz o problema.

O Goberno de Mauricio Macri ten centos de comisarías baixo sospeita.
Forzas de seguridade corruptas que levan anos sendo cómplices dos delitos que deberían previr.
Unha problemática que segue a intimidar a poboación.

"Cando o veciño se quere achegar a denunciar, ou non lle toman a denuncia, ou tómanlla mal ou o intimidan para que non radique a denuncia, iso tamén é habitual en zonas liberadas, ou recíbenche a denuncia e non pasa absolutamente nada".

Neste barrio de Bos Aires denuncian a existencia dunha zona liberada con xendarmes subornados polos delincuentes. Pero non é o único caso no país.

"Isto fai que actualmente os niveis de desconfianza nas forzas de seguridade sexan aínda moi altas por parte da cidadanía, tal e como recolle un recente estudo da universidade arxentina de Belgrano.
A ministra de Seguridade, Patricia Bullrich, foi contundente e asegurou que farán caer todo o peso da lei, sen contemplacións, sobre quen mude de bando".

Para iso están a realizar auditorías provinciais e incluso anunciaron que brindarán protección a todos aqueles membros das forzas de seguridade que denuncien delitos ou faltas discipinarias graves por parte doutros integrantes do corpo.

Queren rematar de raíz cun problema que dá carta branca ao narcotráfico, aos roubos e á violencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

17/11/2016