CRTVG

Buscar

Limpadores menos contaminantes contra o coronavirus

Publicado o 01/06/2020 20:36

Co desconfinamento aumentamos o uso de luvas desbotables, máscaras de un só uso e máis químicos para desinfectar todo o que metemos na casa. Produtos nocivos para o medio ambiente e incluso, nalgúns casos para a nosa saúde se non os empregamos correctamente.

Hai tendas especializadas en produtos que rebaixan o impacto sobre o medio ambiente, ao tempo que nos permiten manter unha limpeza adecuada neste momento. Ademais van a granel e recíclanse os envases.

En calquera dos casos, cos limpadores máis agresivos ou cos máis sostibles, recoméndanos sempre escoitar os consellos dos expertos e non superar as cantidades recomendadas nin facer mesturas pola nosa conta.

Noticias web

01/06/2020