CRTVG

Buscar

Limitacións na hostalería da Laracha, que acolle esta fin de semana un cribado masivo

Publicado o 07/05/2021 15:06

A Laracha dá hoxe un paso atrás e restrinxe a actividade na hostalería. Un dos hostaleiros da zona, Alejandro Rodríguez, asegura que "xa o esperaba, vendo que cando hai 16 contaxios ou 20, vai subindo, xa o esperaba".

Segundo os últimos datos oficiais, nos últimos 14 días detectáronse 28 novos casos activos, o que sitúa a incidencia acumulada en 245 casos por cada 100.000 habitantes. Así que a actividade na hostalaría queda de novo limitada a produtos para levar e ás terrazas, que reducen a súa ocupación ao 50 por cento.

O último cribado realizouse a finais de abril no instituto que está situado fronte a esta zona de terrazas. O próximo será masivo e realizarase ao longo de toda a fin de semana no centro de saúde.

O alcalde, Xosé Manuel López Varela, fai un "chamamento aos veciños entre 20 e 59 anos, que estean pendentes da mensaxe no móbil e que acudan facer o cribado".

Case a metade da poboación censada na Laracha, preto de 5.000 persoas, será citada para realizar a proba.