CRTVG

Buscar

Bos días

Lidia Senra, elixida candidata de Anova ao Parlamento Europeo

Publicado o 31/03/2014 09:08
Lidia Senra, como candidata de Anova ás europeas, comprométese a levar a voz das clases populares a Bruxelas. A ex-dirixente do Sindicato Labrego Galego asumía o reto despois de coñecer que a militancia da formación liderada por Beiras lle confiaba o quinto posto na lista en coalición con Esquerda Unida. A sindicalista agraria dixo que agarda non defraudar e que os retos nas eleccións de maio son grandes para Galicia.

"Agradezo especialmente esta confianza porque eu pertenzo dentro das clases populares ao sector máis precario, da xente que traballamos máis en precario. Temos que traballar duramente para poñer solucións e para levar ao Parlamento Europeo a voz das clases populares e as solucións que propoñemos nas clases populares", asegurou.

Lidia Senra obtivo preto do 86 por cento dos votos emitidos. No referendo de onte tiñan dereito a participar algo máis de mil militantes, pero a abstención andou polo 53 por cento. O outro representante de Anova é Carlos Lorenzo Simón.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

31/03/2014