CRTVG

Buscar

Lidia Senra, cabeza de lista ás Europeas por En Marea

Publicado o 11/03/2019 20:41
Lidia Senra, cabeza de lista ás Europeas por En Marea

Os resultados provisionais do reconto de voto das primarias de En Marea para as eleccións xerais e europeas indican que nestas eleccións participaron un 25% dos inscritos, o que supón unha participación de arredor de mil cen persoas no proceso de decisión, a falta da confirmación definitiva dos datos que se dará a coñecer o vindeiro mércores.

Os datos provisionais foron anunciados polo Comité Electoral de En Marea. O proceso de votación e reconto dos votos emitidos polas inscritas para as candidatas foi auditado polo Colexio Enxeñeiros informáticos de Galicia.

Os participantes nestas primarias nas que se presentaron nove listas, decidiron a orde con que estas listas serán finalmente presentadas para concorrer aos comicións de abril e maio vindeiros. Lidia Senra será a cabeza de lista de En Marea para as europeas e para as xerais os cabezas de lista serán Ana Seijas, María Cristina Pérez, Iván Olmos e Iris Malvido.

Noticias web

11/03/2019