Lidia Senra apoia os políticos presos
Publicado o 28/02/2019 15:41
A eurodeputada galega Lidia Senra, de En Marea, asistiu no Supremo a esta sesión do xuízo. Participa nunha delegación de eurodeputados da Esquerda Unitaria Europea que viaxaron a Madrid para seguir o xuízo e apoiar os procesados e as súas familias.
Para Lidia Senra, este proceso é inadmisible en democracia porque, na súa opinión, o que se xulga é a loita dun pobo que aspira ao dereito de autodeterminación.
"Eu creo que este xuízo non tiña que darse. Creo que os presos políticos cataláns terían que estar libres, nunca tiñan que estar encarcerados. Creo que a solución pasa porque o Goberno se sente a negociar con Cataluña", di a eurodeputada.