Licítase a redacción do proxecto para mellorar a estrada que une Celanova coa fronteira portuguesa
Publicado o 30/12/2019 20:58

Sae a licitación pública a redacción do proxecto para mellorar a estrada que une Celanova coa fronteira portuguesa. Son 34 quilómetros de percorrido. A actuación, cun investimento de 9 millóns, contempla a construción de máis de 15 quilómetros de terceiros carrís de adiantamento e a rectificación de varias curvas. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria nunha estrada pola que circulan acotío uns 2.000 vehículos.