CRTVG

Buscar

Liceo-Voltregá, o enfrontamento nos cuartos da Copa que se celebra na Coruña

Publicado o 20/05/2021 16:48

E hoxe celebrouse o sorteo da Copa do Rei de hóckey que vai albergar a cidade da Coruña entre o 10 e o 13 de xuño. Oito equipos á procura do título. O Liceo quedou emparellado co Voltregá. Xogará o xoves 10 de xuño.
Se gaña, o Liceo cruzaríase en semis co vencedor do Caldas-Lleida. Catro días en que A Coruña se converterá no epicentro do hóckey nacional. No Liceo xa imaxinan unha final ante o todpoderoso Barcelona.

Noticias web

20/05/2021