CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Librouro fai 50 anos neste 2017 e é a libraría decana de Vigo

Publicado o 10/11/2017 15:22

A libraría Librouro é a decana da vintena de establecementos deste sector que hai na cidade de Vigo. Foi fundada en 1967 por Raimunda Pérez e Antón Patiño, o escritor e intelectual a quen lle debemos, entre outras achegas, a noticia da existencia das irmás Touza, as Schindler galegas, de Ribadavia.

Librouro é a unión do libro e do seu valor, unha denominación que alude ao espírito culturalista e galeguista que segue guiando un establecemento polo que pasaron xeracións de creadores desde Blanco Amor a Manuel Rivas.

Neste 2017 celebra, ao igual que a libraría Paz de Pontevedra, medio século de existencia en mans da mesma familia, toda unha fazaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí