CRTVG

Buscar

Libros viaxeiros no MARCO de Vigo a través do 'bookcrossing'

Publicado o 23/04/2019 19:24

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo leva anos celebrando o Día do Libro dun xeito moi especial: facendo bookcrossing, que é liberar libros da súa biblioteca para que a xente os colla, os lea, e os libere en calquera lugar do mundo. Cada libro ten unha ficha para facerlle o seguimento a través de Internet.

Xa son nove anos de libros viaxeiros no MARCO. Unha iniciativa que comenzou no Artium de Vitoria e que se repite en 55 bibiotecas de museos e centros de arte o Día do Libro. Esa biblioteca global que é o bookcrossing permite achegar á xente a arte contemporánea.

No Museo de Arte Contemporánea de Vigo liberaron hoxe oitenta libros en diversos puntos da cidade. A intención é que o que o colla goce da súa lectura e volva liberalo noutro lugar do mundo.

Un xeito de celebrar o Día do Libro ao longo de todo o ano.

Noticias web

23/04/2019