CRTVG

Buscar

Libreiros lucenses denuncian que o concello lles debe as axudas para libros de texto

Publicado o 15/05/2019 16:25

Vestido de preso, e con cadeas, así se manifestou este mércores Fernando. Quere chamar a atención sobre un problema que teñen todos os libreiros de Lugo: que non cobraron os cheques que o Concello lles deu ás familias con nenos en infantil para a compra de material escolar.

"No 2017 esperei 2.067 días para cobrar, 145 no 18; este ano é un interrogante", di Fernando Toubes, libreiro.

Fernando ten dúas librerías. En concreto a el débenlle 7.000 euros.

"Para poder pagar as subvencións temos que ter aprobados os orzamentos e, cando non levantamos a man os grupos da oposición para poder pagar..., pois ten as súas consecuencias", asegura Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

Fernando tamén se queixa de que as propias familias non reciban o cheque ata marzo, cando o seu é facer o gasto escolar en setembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019