CRTVG

Buscar

Libre baixo fianza o home que ía coa muller que morreu tras caer co coche ao pantano

Publicado o 11/08/2018 09:43

Finalmente quedou libre baixo fianza o acompañante da muller que morreu tras caer a un pantano o vehículo en que estaba. Está acusado de homicidio por imprudencia grave. As imaxes son tremendas.

Este é o momento en que o coche se precipitaba dende case 100 metros de altura ao pantano de Alarcón, en Cuenca. As imaxes foron grabadas casualmente por un turista que estaba na zona. No interior do vehículo, no asento do copiloto, estaba unha muller de 58 anos. O seu cadáver foi rescatado pola Garda Civil xa de noite. Canda a vítima viaxaba un home, que segundo el mesmo lle dixo á Garda Civil e ao alcalde de Alarcón, baixou do coche para sacar unhas fotografías.

O acompañante da muller foi detido e xa pasou a disposición xudicial. Quedou en liberdade baixo fianza de 1.500 euros. Está imputado como presunto autor dun homicidio por imprudencia grave. O resultado preliminar da autopsia determina que a muller faleceu a causa dun traumatismo torácico. O corpo non presentaba indicios de criminalidade, pero están á espera dos resultados das probas forenses complementarias.>

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018