CRTVG

Buscar

Liberty House abre a porta a comprar só a planta de aluminio de Alcoa

Publicado o 03/08/2020 14:14

Son horas decisivas para os traballadores de Alcoa. Afrontan a recta final das negociacións do ERE que afecta máis de 500 traballadores da planta da alumnio.

Esta tarde escoitarán a oferta de compra de Liberty House, o grupo metalúrxico inglés interesado no complexo de San Cibrao e que nas últimas horas ratificaba a súa aposta pola fábrica. Transcendeu que accedería a adquirir só a planta de aluminio ante a negativa de Alcoa de vender alumina. Iso si, queren a factoría en funcionamento e non coas cubas paradas.

"Temos un informe que di que aínda que a venda se atrasase 30 ou 40 semanas sairía máis barato que a parada de cubas. Non entendemos esa insistencia cando hai unha empresa que di que en oito semanas acabaría ese proceso", manifestou José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa.

Esta mañá representantes do grupo inglés reuníanse co conselleiro de Industria. A Xunta nas últimas horas advertiulle a Alcoa que paralice o ere. Trasladoulle que malograr o proceso de venda pode supoñer unha fraude de lei que invalidaria o expediente de regulación de emprego.

Noticias web

03/08/2020