CRTVG

Buscar

Liberdade vixiada en París para o histórico dirixente da ETA Josu Ternera

Publicado o 30/07/2020 12:06

Josu Ternera xa está na rúa. Saíu do cárcere contra pouco antes do mediodía. O histórico dirixente da ETA quedará en liberdade vixiada en París.

Terá que levar durante os seis meses que dura a medida un brazalete electrónico. Residirá nun apartamento no centro da capital francesa, coa prohibición de saír do país, e, segundo os seus avogados, volverá á Universidade da Sorbona para continuar os seus estudos de historia.
Ternera ten dous xuízos previstos en Francia e tres demandas de extradición a España.

 

Noticias web

30/07/2020