Liberdade para os tres detidos en Galicia nunha operación antidroga
Publicado o 26/03/2021 14:47

Os tres detidos en Galicia no marco dunha operación antidroga da Policía Nacional e a Garda Civil con orixe en Andalucía quedaron en liberdade nas últimas horas.
A Fiscalía non solicitou medidas cautelares a pesar de que continúan no sumario do caso en calidade de investigados, por un suposto delito contra a saúde pública vencellado ao narcotráfico. No conxunto da operación houbo 25 arrestos e comisáronse 600 quilogramos de haxix.