CRTVG

Buscar

Liberdade para os nove detidos polo desvíos de fondos ao indepedentismo

Publicado o 30/10/2020 12:43
Liberdade para os nove detidos polo desvíos de fondos ao indepedentismo

Nove detidos na operación polo presunto desvío de fondos ao independentismo que a mañá deste venres compareceron ante o titular do Xulgado de Instrución 1 de Barcelona quedaron en liberdade provisoria tras acollerse ao seu dereito a non declarar, informaron fontes xurídicas.

Entre eles estaba o exconselleiro de ERC Xavier Vendrell, o exdirixente de CDC e presidente de Augas de Cataluña, David Madí, e o presidente da Plataforma proselecciones deportivas catalás, Xavier Vinyals.

Ás portas da Cidade da Xustiza de Barcelona concentráronse unha trintena de persoas para protestar polas detencións e dar apoio aos nove arrestados, que levan desde o mércores en dependencias da Garda Civil.