CRTVG

Buscar

Liberdade horaria para pasear polas parroquias viveirenses de Covas e Celeiro

Publicado o 09/05/2020 20:58

Esto é Covas, unha das parroquias máis populosas de Viveiro, pero que non chega aos cinco mil habitantes, así que aquí hai liberdade horaria para pasear.

En idénticas circunstancias está Celeiro, pero a situación cambia se falamos do núcleo urbano de Viveiro. Con case oito mil habitantes, aquí aplícase a restrición por tramos de idade. A alcaldesa consultou expresamente esta medida e ditou un bando municipal para informar os veciños.


Apenas hai tres quilómetros de distancia entre Celeiro e Covas respecto ao núcleo de Viveiro. Os veciños apelan ao sentido común para cumprir coas normas.


Cuestión de repartirse e de manter as distancias, para evitar unha volta atrás.

Noticias web

09/05/2020