CRTVG

Buscar

Liberdade con cargos para o home acusado de agredir a curmá

Publicado o 16/06/2020 13:48

Quedou en liberdade con cargos coa obriga de presentarse ante o xuíz cando sexa requirido o home detido por agredir supostamente a súa curmá na parroquia de Camos, en Nigrán. 

O arrestado prestou declaración de forma telemática dende o cuartel da Garda Civil de Baiona ante o xulgado de instrución número 3 de Vigo.

Supostamente, agrediu a muller cando esta foi tirar o lixo, e a vítima tivo que ser ingresada no hospital vigués de Povisa a causa das graves lesións que sufriu.

Pola súa banda, o home na súa declaración insistiu en que foi a muller a que o atacou nun primeiro momento e que el se defendeu.

Noticias web

16/06/2020