CRTVG

Buscar

Liberan unha persoa do interior do seu vehículo tras saír da vía e bater cunha casa en Camelle

Publicado o 26/11/2019 14:15
Liberan unha persoa do interior do seu vehículo tras saír da vía e bater cunha casa en Camelle

Unha saída de vía no concello coruñés de Camariñas obrigou a intervir os bombeiros de Cee, que tiveron que liberar a persoa tras quedar atrapada no interior do turismo.

O accidente tivo lugar ás 11:15 horas. Nese momento, un particular contactaba co 112 Galicia. Solicitaba axuda para socorrer os ocupantes dun turismo que chocara contra unha casa no lugar de Camelle.

Desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios que, debido á gravidade da situación, optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra moi preto do lugar dos feitos. Ata o punto tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez liberada, os bombeiros confirmaron que a persoa ferida fora trasladada polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí