CRTVG

Buscar

Liberan unha muller tras caer o coche en que viaxaba por un desnivel en Fene

Publicado o 24/06/2020 11:08
Liberan unha muller tras caer o coche en que viaxaba por un desnivel en Fene

Unha muller tivo que ser liberada este mércores en Fene, tras caer por un desnivel a causa dunha saída de vía. Así o comunicou o 112 Galicia.

Os servizos de emerxencias rescataron a afectada, que ía de copiloto no vehículo sinistrado. O incidente produciuse durante a madrugada, na estrada que une as parroquias de Maniños e Barallobre. Ata o lugar desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Ferrol, a Garda Civil, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mugardos e Protección Civil de Fene.