CRTVG

Buscar

Liberan unha muller de dentro do seu coche tras un aparatoso accidente na AP-9 en Vigo

Publicado o 05/02/2020 14:35

Unha muller tivo que ser liberada esta mañá polos bombeiros tras un aparatoso accidente na AP-9, en Vigo.

O sinistro rexistrouse no quilómetro 159 da autoestrada, á altura de Cabral. A condutora circulaba pola confluencia da AP-9 coa AG-57 en dirección a Vigo, cando por causas que se descoñecen perdeu o control do vehículo e bateu contra as medianeiras. Como consecuencia do impacto, o coche acabou envorcado.

Ao lugar acudiron Protección Civil, os bombeiros de Vigo e unha ambulancia do 061, que trasladou a muller ao hospital Álvaro Cunqueiro. A condutora sufriu diversas contusións, pero as súas feridas non revisten gravidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2020