CRTVG

Buscar

Liberan un condutor tras un accidente entre dous turismos na autovía das Rías Baixas

Publicado o 09/01/2020 21:04

Un accidente entre dous turismos ocasinou retencións importantes esta tarde na autovía das Rías Baixas. Foi unha colisión por alcance á altura do concello ourensán de Melón. Un turismo, conducido por un cidadán portugués, esnafrouse contra o coche piloto dun transporte especial. Foi precisa a intervención dos bombeiros para liberar o condutor do segundo turismo. Ambos vehículos circulaban en sentido O Porriño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020