CRTVG

Buscar

Liberan as perdices que criaba unha sociedade de caza de Monforte

Publicado o 27/01/2017 13:51

Eran preto de 500 exemplares cos que pretendían repoboar os montes. Alguén rompeu a tea metálica das instalacións e soltaron sobre 400 aves

Unha sociedade de caza de Monforte estaba criando preto de 500 perdices para repoboar os montes pero agora perderon a maior parte delas. Algúen rompeu a tea metálica das instalacións e soltaron preto de 400 aves. 

Nestas instalacións había case 500 perdices pero agora só quedan estas. Pertencen a Sociedade de Caza Val de Lemos, en Monforte, que as estaba a criar para facer repoboacións pero unha ou máis persoas accederon aquí e soltaron a maior parte delas. Romperon a tea metálica deste muro para acceder ata as aves e despois abriron un burato neste outro arame por onde marcharon unhas 390 perdices.

Os membros da sociedade de caza están indignados co acontecido. Non entenden que puido facerlles este dano e agora lamentan ademais que as aves soltadas morrerán ao estar fora do seu hábitat.

As perdas económicas estarían cuantificadas en máis de 4000 euros. Con todo, a sociedade lamenta máis o dano moral. Levaban meses criando as perdices e preparando con esmero os terreos axeitos para soltalas a finais do mes que ven e agora quedaron sen nada. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2017