CRTVG

Buscar

Liberados en Madrid 61 inmigrantes que vivían amoreados en rochos de 9 metros cadrados

Publicado o 25/06/2020 14:13

A policía liberou 61 inmigrantes que vivían amoreados en varios rochos do barrio madrileño de Carabanchel.

Os trasteiros tiñan uns nove metros cadrados, carecían de ventilación e en cada un deles vivían tres ou catro persoas que pagaban un alugueiro de 250 euros ao mes.

Entre os inmigrantes hai varias familias con menores, un bebé e unha muller embarazada. Hai seis detidos.

Noticias web

25/06/2020