CRTVG

Buscar

Liberados 20 inmigrantes en condicións inhumanas nun restaurante madrileño

Publicado o 24/04/2020 19:37

Rodeados de cascudas e nun auténtico almacén de lixo. Separados por plásticos e cartóns. Con colchóns instalados mesmo enriba da barra do bar. Así vivían 20 inmigrantes nun restaurante da capital española. Entre eles, dous bebés. Cada persoa tiña entre metro e medio e dous metros de espazo para durmir e para gardar as súas cousas. E por este lugar infrahumano pagaban 400 euros ao mes.

Fíxense especialmente nesta cama tan agochada. Está dentro dunha cámara frigorífica.

As vítimas son inmigrantes de moitas nacionalidades. A xefa do restaurante, a que lles cobraba o diñeiro, ameazábaos con contaxialos da COVID-19. Ela e máis o dono do local xa foron arrestados. Acúsanos dos delitos de favorecemento da inmigración irregular, coaccións e delitos contra a saúde pública. Pero podería haber máis responsables. A policía non descarta máis detencións nas próximas horas.

Os inmigrantes xa foron liberados e seguramente poderán quedar nun lugar moito máis digno.

Noticias web

24/04/2020