CRTVG

Buscar

Li Diantong, o primeiro futbolista da China que xogará en Galicia

Publicado o 08/01/2019 16:49

E agora presentámoslles a Li Diantong, o primeiro futbolista da China que xogará en Galicia. Xogará no Ourense C. F. da terceira galega. Ten vinte anos. Centrocampista. Leva varios meses en Ourense. Fáltalle o transfer internacional pero será o reforzo do cadro pontino o que queda de temporada.

Temos contado historias de futbolistas que buscan contratos multimillonarios na China. Xogadores que se moven en soldos de ata vinte millóns de euros. Que cobran como Messi sen ser Messi. A China era o paraíso.

O primeiro futbolista que xogará en Galicia chegado dende o imperio do sol. Frío frío malia estar nas burgas. Pois que se prepare para máis cambios. No 2015 chegou o primeiro chinés ao fútbol español: Zhang, no Raio. Galicia xa ten o seu. Li.

Di o Ourense CF que a fichaxe está dentro da política do club: futbolistas novos e con proxección, sexan galegos ou nados a nove mil quilómetros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019