CRTVG

Buscar

Lezkano: "Temos que poñernos o mesmo nivel de dureza do UCAM"

Publicado o 07/02/2019 18:09

O Breo ten unha final o domingo. Se perde a liga non se acaba, pero se gaña dará un gran paso para manter a categoría. O equipo quere enviar esa mensaxe á afección do Pazo. Natxo Lezkano:"Temos que estar preparados e ilusionados para xogar unha final, ante un equipo moi bo, nunha pista chea de xente, da nosa xente, e iso temos que alimentalo un pouco como algo ilusionante".

En fronte, un UCAM Murcia que tratará de levar o encontro ao seu terreo: o xogo físico e duro, de moito contacto. Lezkano non quere que os seus xogadores caían nesa trampa e que o contrario os saque do partido. "Non entregar en ningunha circunstancia, non dicir que como eles son máis físicos que nós, nós... temos que poñernos a nivel duro, de dureza alto, pero sabendo que somos un equipo diferente a Murcia e que temos que explotar as nosas virtudes".

Despois deste encontro a liga vai parar dúas semanas, e gañar daríalle ao Breo moito osíxeno para afrontar á volta desa pausa os catorce partidos que quedan.
 

Noticias web

07/02/2019