CRTVG

Buscar

Leyma e Breogán poden loitar por ascender, mentres que o Marín Peixe Galego evita o descenso

Publicado o 24/04/2020 17:11

A vindeira semana a Federación de Baloncesto comunicará a fórmula para decidir que dous equipos suben á ACB. Unha sede única a porta pechada. O Breogán anunciou hai días que pon como data límite para xogar o 15 de xuño; o Básquet Coruña vai máis aló.

Se finalmente non é posible xogar e se cancela a temporada non habería descensos e ascendería os dous primeiros, din desde A Coruña. É unha postura distinta á do Breogán.

Descensos non haberá. Xa que logo, sálvase o Peixe Galego Marín, que estaba afundido.

A temporada xa está rematada para Marín e COB; o Breogán e o Básquet Coruña agardan.

Noticias web

24/04/2020