CRTVG

Buscar

Leyma Coruña sentencia o Melilla no segundo tempo (93-71)

Publicado o 15/11/2020 21:12

O Melilla aguantoulle ao Leyma Coruña un tempo, pero o cadro coruñés acabou gañando con solvencia completando unha boa semana con dous triunfos claros. 

Saíu ben o Leyma co acerto de Monaghan e Peña, pero a relaxación en defensa fixo que Melilla se metese no partido e mesmo se puxese por diante (24-26). No descanso o marcador estaba equilibrado (43-39) pero con boas sensacións do Leyma no treito final do cuarto. 

O terceiro período foi no que comezou a coller unha vantaxe máis cómoda, próxima aos dez puntos, distancia que aumentaría por riba dos vinte no cuarto definitivo ata o 93-71 final. 

Noticias web

15/11/2020