CRTVG

Buscar

Leyma Coruña afiánzase na terceira posición co triunfo sobre Huesca (70-64)

Publicado o 09/02/2020 23:49

O Leyma Coruña sumou a terceira vitoria consecutiva diante de Huesca e ocupa en solitario a terceira posición da táboa clasificatoria, a só dous triunfos de Huesca. Malia ir sempre por diante no marcador, o equipo coruñés nunca chegou a rachar o partido. Iso obrigouno a xogar con moita intensidade durante os corenta minutos. A igualdade foi máxima na primeira metade. A cada intento de Coruña de marchar no marcador (chegou a ter nove puntos de diferenza) aparecía a resposta de Huesca, ata deixar o partido cun 33-31 no descanso. 

No segundo tempo non mudou a dinámica do partido, co Leyma pegando arreóns e rozando os dez puntos durante moitos momentos do partido, pero sen conseguir tombar a resistencia de Huesca. Ao final, 70-64 e un traballo moi coral dos coruñeses, con Blackwell, Djuran e Hamilton como máximos anotadores, con 12 puntos. Debutou Alex Llorca, que anotou un par de tiros libres nos seis minutos que estivo sobre o parqué. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2020