Álex Suárez, novo reforzo do Obradoiro
Publicado o 27/07/2020 16:11
En baloncesto, xa é oficial: Álex Suárez ficha polo Obradoiro.
Ala pivote de 2,06, Suárez ten 26 anos e procede do Iberostar Tenerife. Formado na canteira do Joventut, Suárez pecha o xogo interior do cadro santiagués. Un xogador polivalente que pode xogar no perímetro e tamén dentro da pintura. Álex Suárez asina contrato por unha temporada.