CRTVG

Buscar

Álex López dálle a vitoria ao Lugo en Albacete

Publicado o 09/11/2019 21:34

Os lucenses suman o segundo triunfo consecutivo por primeira vez na temporada

En sete días, o Lugo saíu do túnel escuro no que se atopaba para ver o futuro con brillantez.

E é que nunha semana, o equipo pasou de postos de descenso a quedar provisionalmente a catro puntos da promoción.

Todo iso tras sumar en Albacete a súa segunda vitoria consecutiva e a segunda xornada sen recibir goles.

Bastoulle con catro disparos a porta en 180 minutos para sumar seis puntos que lle serven para escapar momentáneamente da zona de perigo.

Foi nun partido no que os manchegos dominaron pero sen crear ocasións tan claras coma o Raio Vallecano. De feito, o Lugo tivo menos problemas para controlar o acoso albaceteño.

Ademáis, os trocos realizados por Eloy tiveron unha influencia decisiva no resultado, sobre todo o de Seoane por Aléx López no minuto 54.

O amiense viu o quinto cartón amarelo e perderá o vindeiro encontro ante o Rácing.

O Albacete seguía dominando, pero as súas chegadas cada vez eran máis escasas e menos claras. Os seus recursos viñan de xogadas a balón parado ou de disparos de lonxe.

Podería dicirse que o Lugo soubo agardar o seu momento. E o seu momento chegou no minuto oitenta logo dun saque de banda perdido polo Albacete.

Recupera Herrera, Jaume Grau, que acababa de entrar fai unha gran manobra
e apóiase en Cristian Herrera, que marcha de Fran García, e o seu centro remátao espectacularmente Aléx López.

Primeiro gol do centrocampista catalán, ausente nas dúas últimas xornadas.

Os lucenses, incluso puideron aumentar a súa vantaxe cinco minutos despois neste disparo de Campabadal rexeitado por Tomeu Nadal.

Foi no día no que o Lugo se disfrazou de Albacete e sacou o máximo proveito dos seus escasos intentos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019