Álex Bergantiños quere viaxar a Palma tras recibir 70 puntos de sutura
70 puntos de sutura. Así quedou a cara de Álex Bergantiños tras ser operado de urxencia no sanatorio Modelo da Coruña. O futbolista recibu a alta médica case doce horas despois da dura entrada de Pedraza: "Ben, ben. Un pouco dorido do impacto e da operación. Por sorte foi menos do que podería ser. É un pouco a ferida. O que tarde en recuperar e baixar a inchume", sinala Bergantiños
O coruñés apenas ten recordos do momento: "Lembro o impacto, que demos no chan, e despois o recordo é na angarella. Non sei moi ben o que pasou nes impás de tempo. O doutor Lariño si que me dixo que durante algúns momentos non estaba consciente, pero non recordo se cheguei a perder a consciencia ou se estaba aturdido".
No hospital, Álex soubo do resultado do partido: "Cando estaba para entrar no quirófano comentáronme do segundo gol. Despois, como era anestesia local, xa me dixera que acabara".
O Deportivo viaxa este sábado a Palma, e Álex quera formar parte da expedición: "Os doutores dixeron que podía viaxar, así que terei a dieta controlada e a medicación que teño que poñer e tomar. A miña idea é viaxar co equipo e oxalá poidamos celebrar o ascenso alí".
Durante as horas de estancia no hospital, Bergantiños recibiu a visita de compañeiros, corpo técnico, directivos e do xogador do Mallorca, Marc Pedraza.