CRTVG

Buscar

Álex Bergantiños: "Podemos ter máis recursos, pero o Lugo ten un equipo competitivo"

Publicado o 02/01/2019 17:40

O Deportivo foise de 2018 con sensacións negativas tras a goleada do Cádiz e estréase en Riazor co Lugo. No posible regreso de Carlos Fernández. O dianteiro cedido polo Sevilla leva un mes sen xogar por lesión. A súa calidade en ataque, o que proporciona ao resto do equipo, notouna o Deportivo nos últimos encontros.
Carlos Fernández está de volta e podería ser a novidade no once do Deportivo.

Xélido reencontro do Deportivo coa actividade tralo aninovo. Campos xeados para preparar un derbi no que leva o cartel de favorito. Con matices, en opinión de Alex Bergantiños. Sobre todo porque, lembra o capitán, o Lugo non ten a carga da presión que si leva o Deportivo, famento de volver gañar tralo pau recibido en Cádiz.
Ao Deportivo non lle queda outra que reaccionar para non alimentar dúbidas.

Álex Bergantiños é dos que remata a súa relacion co Deportivo o final de temporada. Vese con moitos anos máis de fútbol. Sempre e cando sexa de utilidade.

Noticias web

02/01/2019