Álex Bergantiños: "O obxectivo é volver o fútbol profesional, pero hai moitos equipos con esa esixencia"
Publicado o 24/08/2021 16:06
E cinco días antes de iniciar a liga en Riazor, e ante o filial do Celta, tomou a palabra o capitán do Deportivo. Ninguén mellor que Álex Bergantiños para valorar a situación do club e a obriga da entidade por acadar o ascenso.
"O obxectivo é o ascenso. Esixencia? Hai moitos equipos con ese obxectivo", comentou Bergantiños.
Tratou tamén o tema do que lle aconteceu ao equipo e a el en particular nas últimas temporadas: "Algún día escribirei un libro de todo o que vivín aquí e como se fixeron certas cousas. Agora non é o momento", concluíu.