CRTVG

Buscar

Leve melloría do policía nacional de Vigo ferido nos altercados

Publicado o 20/10/2019 22:02

Os audios dos grupos de Whatsapp da Policía, que publican varios medios, entre eles La Vanguardia e a Cadena Ser, describen a complicada situación vivida estes días en Barcelona.
Jupol, o sindicato maioritario da Policía Nacional anunciaba esta tarde que interporá unha denuncia contra o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande Marlaska, pola súa, din, "nefasta" planificación e xestión do operativo

 "Pedimos a dimisión do ministro do Interior en funcións, do director xeral da Policía, do director adxunto operativo e do xefe da Unidade de intervención policial" "Entendo que esa coordinación fallou total e absolutamente. Había moi poucos grupos intervindo, había grupos de reacción que solicitaban apoiar os compañeiros e denegóuselles. Non dispoñían de material antidisturbios", dixo o Secretario xeral de Jupol.

O policía de Vigo ferido nos altercados continúa ingresado na UCI en estado moi grave... sofre un traumautismo cranioencefálico. Nas últimas horas experimentou unha leve melloría.
Outros dous policías continúan hospitalizados.
E este domingo decenas de cidadáns levaban flores á Prefetura da Policía Nacional en Barcelona, na Vía Laietana. Ataviados con bandeiras españolas querían agradecer ao corpo de axentes o seu labor destes días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/10/2019