CRTVG

Buscar

Levántase o peche da Pobra do Caramiñal, que recupera a mobilidade

Publicado o 07/06/2021 14:59

Levántase o peche na Pobra do Caramiñal e os veciños recuperan a mobilidade. O alivio nas restricións tamén se nota nas terrazas, que reabren despois de que a situación mellorara notablemente nos últimos días.

Os pobrenses respiran aliviados neste luns en que cae o muro que os tiña illados desde hai nove días. As terrazas recuperan a vida con grupos de non conviventes. Brindan porque non haxa volta atrás e que pronto poidan abrir tamén o interior dos bares e restaurantes.

No cámping de Manuel, á beira da praia de Cabío, volven as reservas despois dunha tempada de cancelacións, de idas e de vidas, cando nun ano normal tería clientes desde a Semana Santa. Confía en ir recuperando o perdido coa axuda das vacinas, do bo tempo e da responsabilidade de todos os veciños e empresas da Pobra.

Entre todos lograron baixar ata os 18 contaxios e agardan seguir mellorando para reducir restricións nos próximos días.

Noticias web

07/06/2021