CRTVG

Buscar

Levántase a suspensión das viaxes do Imserso para este ano

Publicado o 18/08/2021 21:46
Levántase a suspensión das viaxes do Imserso para este ano

Xa hai resolución sobre as viaxes do Imserso e todo apunta a que os maiores poderán volver viaxar en outubro. As viaxes para maiores estaban suspendidas cautelarmente, pendentes de que se resolvese un recurso de dúas patronais hoteleiras que consideraban que os pregos de condicións eran inxustos porque cos prezos ofertados os hoteis non cubrían gastos.

Pois ben, o Tribunal Adminstrativo Central de Recursos Contratactuais, que depende do Ministerio de Facenda, acaba de pronunciarse en contra deste recurso e quítalles a razón aos hoteleiros. 

Deste xeito reactívase un proceso que este ano oferta máis de 816.000 prazas para maiores. Se se cumpren os prazos, agora en setembro deberán comezar a comercializarse as viaxes, que se realizarán en outubro. 

A campaña anterior do Imserso suspendeuse en abril do ano pasado debido ao coronavirus, unha suspensión que supuxo un duro golpe para un sector que ten nas viaxes de maiores unha importancia fonte de recurso na temporada de inverno. 

Noticias web

18/08/2021