CRTVG

Buscar

Levantar a man nas paradas de autobús: un xesto recomendado para mellorar o servizo

Publicado o 09/07/2020 15:41

Son poucos, pero aínda queda algún pasaxeiro que levanta a man cando chega o seu autobús. Pero a imaxe máis habitual nas paradas é non ver as mans levantadas.

Esta dinámica é a habitual tanto nas liñas urbanas como interurbanas, onde os condutores teñen por costume parar sempre que hai persoas na parada.

Na cidade da Coruña os autobuses urbanos tamén paran sempre que haxa xente na parada, aínda que recomendan indicarllo ao condutor. Un xesto de boa educación que contribúe a mellorar o servizo.

 

Noticias web

09/07/2020