CRTVG

Buscar

Levántanse os perímetros, agás en dez concellos

Publicado o 26/02/2021 16:24

Afrontamos unha fin de semana distinta, coas restricións aliviadas oficialmente desde a pasada medianoite en case toda Galicia. Unha das medidas máis agardadas era o levantamento dos perímetros municipaisEsta nova desescalada libera do confinamento o 97 por cento da poboación galega.

Con todo, Galicia queda dividida en tres niveis en función da incidencia acumulada. Así que está prohibida a intermobilidade entre os distintos niveis.

Son dez os concellos que manteñen os peches perimetrais a nivel municipal ao situarse no nivel 1. Así, estes cidadáns non poderán desprazarse fóra do seu concello de residencia.

Dobre restrición é a que terán os concellos das áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra e outros 28 municipios a maiores, esparexidos polas catro provincias galegas: só poderán moverse a outros concellos que teñan a mesma incidencia e que estean dentro da área sanitaria.

No nivel tres están os concellos cunha incidencia acumulada de ata 250 casos por cada 100 mil habitantes e teñen menos limitacións nos desprazamentos.

Polo sentir da rúa, van ser moitos os galegos que aproveitarán o bo tempo desta fin de semana para facer unha escapada. Así que as autoridades sanitarias apelan á responsabilidade.

Noticias web

26/02/2021

Máis sobre actualidade