CRTVG

Buscar

Galicia, primeira comunidade en contar coas farmacias para detectar casos de covid-19

Publicado o 16/10/2020 14:41

• Levantan as restricións en Ortigueira e mantéñense as do resto 

Soben os casos na provincia de Ourense, pero baixan na cidade

Ordes entra en alerta vermella e saen dela A Laracha e Monterrei

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou dos asuntos tratados na reunión do subcomité clínico. Mantéñense todas as medidas tomadas esta semana excepto en Ortigueira, onde se levantan xa as restricións.

Test rápidos nas farmacias dos concellos afectados

O Colexio de Farmacéuticos da provincia Ourense colaborará con Sanidade nos concellos con restricións específicas da área sanitaria. Afecta ao Carballiño, Boborás, O Irixo, Ourense, Barbadás, o Barco e Verín.

O obxectivo é  "aumentar a capacidade diagnóstica", explicou García Comesaña, sen saturar os centros sanitarios mediante a realización test serolóxicos rápidos nas farmacias.

O método consiste na detección de anticorpos fronte o Sars-Cov2 a través de test serolóxicos rápidos. Estas probas poden solicitarse en citas online ou presencialmente nas farmacias dos devanditos concellos. En caso de que dese positivo, procederíase á PCR para confirmar a positividade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, enviou unha mensaxe aos ourensáns, animándoos a que acudan ás farmacias a realizar a proba.

Cribado en residencias

O subcomité clínico anuncia tamén para a semana o inicio dos cribados sistemáticos, cada 14 días, entre os traballadores das residencias de anciáns.

Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública: "Comezamos a semana que ven. En toda Galicia cribaranse por pooling e con mostras de saliva aos 15.500 traballadores das residencias de anciáns".

Cribado entre o estudantado universitario

Outro cribado sistemático en marcha diríxese aos 50.000 membros da comunidade universitaria de Galicia. As mostras desta semana en Santiago detectaron 14 positivos máis entre os estudantes e no subcomité clínico seguen insistindo en que teñen evidencias de que as festas están tras o aumento de casos na capital de Galicia.

Sergio Vázquez, membro do Comité Clínico: "Algúns mesmo veñen de fóra de Galia e poden contxialo a outras persoas ou a compañeiros seus nesas festas".

Novo chamamento á responsabilidade dos máis novos nunha xornada en que se detecta unha contención dos contaxios en toda Galicia, agás no Carballiño. Unha contención que permitiu xa levantar as restricións no concello de Ortigueira.

Situación dos principais focos de preocupación

O subcomité ten posto o foco en varios concellos: Ourense, Verín, O Carballiño e Santiago.

En Ourense houbo 207 casos novos nos útimos 7 días. As medidas vanse manter ata chegar á media galega.

En Verín rexistráronse 39 novos casos nos últimos 7 días. O subcomité non aprecia aínda mellorías polo que polo momento mantén as restricións. 

Hai preocupación co Carballiño: rexistráronse 93 novos casos nos últimos 7 días. Segue incrementando a cifra é o subcomité considera que é pronto para ver resultados das restricións.

Santiago acumulou nos últimos 7 días 140 novos casos. Está por riba da media de Galicia pero hai tendencia decrecente. Para poder controlar o virus neste concello xa se tomou a decisión de facer cribados entre os universitarios.