CRTVG

Buscar

Boborás, O Irixo, Oímbra e Vilardevós deixan atrás as restricións de mobilidade

Publicado o 05/11/2020 14:33

Janette coloca a terraza da cafetería onde traballa para poder recibir clientes tras semanas atendendo só as encargas para levar. As restricións de mobilidade fixeron que aloxamentos turísticos coma o dela sufriran numerosas cancelacións.

Tamén os veciños ven con bos ollos a relaxación das medidas. O mesmo que acontece no concello do Irixo ou nos de Oímbra e Vilardevós, onde tamén se levantan as restricións de mobilidade

Tamén se permiten as reunións de non conviventes sempre que non superen un máximo de 6. Un cambio do que se beneficiarán ademais de Boborás, O Irixo, Oímbra e Vilardevós, o concello do Barco de Valdeorras e todos os da comarca do Carballiño, agás a capitalidade.

Con todo, as autoridades de todos os concellos onde se relaxan as restricións.fan un chamamento á responsabilidade. 

"A pesar de que nos levanten as restricións, non é para tomar isto á lixeira. Máis ben con sentidiño e prudencia", incide Patricia Torres, alcaldesa de Boborás.

Noticias web

05/11/2020