CRTVG

Buscar

Levantan o toque de queda na capital de Colombia, que amenceu tranquila

Publicado o 23/11/2019 20:45

O toque de queda decretado pola noite en Bogotá estendeuse ata o amencer.

As autoridades xa subliñaban ás horas de aplicalo que estaba resultado efectivo contra as desordes.

Con todo, foi unha noite de tensión para moitos veciños que organizaron grupos de defensa ao circularen polas redes rumores de intentos de saqueo en vivendas.

Mentres uns defendían as súas propiedades, outros desafiaban o toque de queda con novas cazoladas contra as políticas sociais do goberno.

O presidente comprometeuse a dialogar cos sectores políticos e sociais.

Duque anunciou que manterá o exército apoiando a policía nas rúas.

Máis de 500 organizacións sociais esixíronlle que respete o dereito a protestar, que cese a represión e que convoque o espazo de diálogo de inmediato.

Noticias web

23/11/2019