CRTVG

Buscar

Levantan o peche perimetral ao concello de Lugo que entra no nivel básico de restricións

Publicado o 29/12/2020 14:21

A boa evolución dos datos permítelle a Lugo regresar ao nivel básico de restricións, coa menor incidencia acumulada das cidades galegas. O regreso ao nivel básico de restricións ten unha incidencia directa na hostalería. Aumentan as ocupacións permitidas: ao 50 por cento en interior e o 75 por cento no exterior.

Un regreso á normalidade tomado con precaución polos veciños, que non esquecen que hai que seguir sendo coidadosos. Lugo e Ourense serán as dúas únicas grandes cidades galegas sen peche perimetral durante a fin de ano.



 

Noticias web

29/12/2020