CRTVG

Buscar

Levantan a prohibición de sementar patacas en 9 concellos que estaban afectados pola couza

Publicado o 10/01/2020 10:05

Nove concellos galegos afectados pola couza guatemalteca poderán volver cultivar patacas. A Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura acordaron levantar a prohibición en Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes, e nos concellos lugueses de Ourol e Abadín.

A decisión chega tras comprobar que non se rexistrou captura ningunha nos últimos dous anos. Estes concellos poderán sementar pero a consellería realizará un seguimento exhaustivo das sementeiras.

Noticias web

10/01/2020