CRTVG

Buscar

Levan o caixeiro automático dun banco de Vilardevós

Publicado o 27/11/2019 14:29
Levan o caixeiro automático dun banco de Vilardevós

A Garda Civil busca as tres persoas que arrancaron esta madrugada un caixeiro automático en Vilardevós.

Cubertos cun pasamontañas para no seren recoñecidos, arrancaron o caixeiro cun coche e deixaron estragada a fachada da sucursal bancaria. Na súa fuxida, a menos de medio quilómetro da sucursal, botáronse da vía. Nese momento, os asaltantes decidiron abandonar o caixeiro subtraído nunha gabia para escapar da zona o antes posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí