CRTVG

Buscar

Levan 19 anos xuntándose dende que volveron de Suiza

Publicado o 07/12/2019 20:47

Levan dezanove anos xuntándose dende que volveron de Suiza. Comezaron en Santa Comba sendo un grupo de 30, agora suman 120. Pero a cousa non comezou aí, porque xa no Centro galego de Thun, unha cidade preto de Berna, celebraban festas, xogaban ao fútbol e crearon un vínculo entre eles, como se de familiares se tratase.

Nestas comidas rememoran aqueles tempos e vivencias e manteñen esa relación que une, din, cando estás lonxe da túa terra.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019