CRTVG

Buscar

Levaba máis de 200 pezas presuntamente falsificadas

Publicado o 30/09/2020 13:05

A Garda Civil interceptou en Xinzo de Limia unha furgoneta con pezas falsificadas.
Había 50 pares de chancletas, un cento de suadoiros e máis de 50 pantalóns presuntamente de varias marcas comerciais falsas.

Os axentes están investigando o condutor, un veciño de 53 anos, como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial, levaba máis de 200 pezas. O Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia leva as dilixencias.

Noticias web

30/09/2020