'Letra pequena', a mostra gráfica do escritor e xornalista Luís Rei
O escritor e xornalista Luís Rei descobre a súa faceta de debuxante coa mostra 'Reino de Lomba. Letra pequena', unha mostra que acolle a galería Nemonon de Pontevedra.
Nela amosa unha escolna de debuxos e retratos que fixo ao longo da súa vida, dende os anos 70 ata a actualidade.
- Comezou a debuxar cando mudou de barrio, coma un arma para combater a soidade.
- Os primeiros debuxos e acuarelas son da década dos anos 70, na súa época de xuventude.
- Incorpora a caligrafía coma un elemento gráfico que lle envía unha mensaxe ao espectador.
- As palabras son como caligramas chineses e cada espectador pode interpretar a súa mensaxe.
- No confinamento Luís Rei quixo expresarse a través do debuxo e iniciou unha serie de retratos.
- A Galería Nemonon de Pontevedra acolle 'Reino de Lomba. Letra pequena' ata o 6 de outubro.